Centos de alumnos de cinco centros educativos participaron esta mañá na “X Carreira Solidaria” organizada polo CPI Arquitecto Palacios de Panxón con motivo da Semana da Paz e co fin de recadar fondos para colaborar co departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán.
Na proba, á que asistiu o alcalde e o edil de Deportes, participaron ademais de alumnos do CPI do Centro de Educación Especial de Panxón, do Juan María de Parada, da escola infantil As Dunas e do colexio A Cruz de Camos, todos correron tras achegar os seus patrocinadores adultos unha axuda para a causa.
«Estamos moi orgullosos desta iniciativa que ano a ano promove na nosa infancia valores como a solidariedade a través da práctica deportiva, por iso damos especialmente as grazas aos docentes pola organización e aos nenos pola súa participación imprescindible”, destaca o alcalde, Juan González.

