O Concello de Gondomar comezou esta semana a delimitar zonas de aparcadoiro reservadas para persoas con discapacidade funcional en todos os centros culturais e asociacións do municipio.
Así mesmo, habilitáronse máis prazas exclusivas para motocicletas no centro urbano aproveitando pequenos espazos. Os usuarios deste tipo de vehículos dispoñen de tres novos aparcadoiros na rúa Eduardo Iglesias, xunto a parada de taxis.


