Búscase a unha veciña de Nigrán desaparecida tras despedirse nun vídeo en Facebook

Axentes da Garda Civil e Policía Local de Nigrán buscan a Bibiana Fernández dos Santos. Trátase dunha veciña de Parada que permanece desaparecida desde esta madrugada tras publicar no seu Facebook un vídeo entre bágoas no que se despedía. Ao parecer, quedou en ir durmir a casa do seu pai pero non apareceu. O seu coche tampouco foi localizado, un BMW 320 branco matrícula 7506GSL.