Sabarís celebra unha nova edición do Trueque-Libro

Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro, o 23 de abril, Ovalmi, Coemsa e A Furgolibro do Mercado da Tía Ni celebran un novo Trueque-Libro en Sabarís. Desde o 22 ao 28 de abril, o Trueque-Libro volverá á Avenida Julián Valverde, podendo atopar ao longo da mesma, mesas con diferentes libros, de todo tipo de estilos e idiomas.

Esta iniciativa lévase a cabo coa intención de fomentar a lectura e o «intercambio e viaxe» dos libros entre os diferentes postos. O funcionamento do Trueque-Libro é moi sinxelo, se un libro interésache cóllelo, lévascho, lelo e devólvelo a unha mesa, collendo outro para a súa lectura. Os organizadores animan a visitar Sabarís e gozar da lectura.