José Manuel Torres e Noelia Piñeiro, mellores deportistas de Gondomar

Gondomar celebrou este sábado a súa IV Gala do Deporte, á que acudiu como padriño Mario Muñoz, preparador físico do Celta Zorka, campión de Europa coa selección española U20 no campionato disputado en Sopron (Hungría), e 7 veces medallista de ouro en campionatos de Europa entre outros logros. Con esta cita, conducida por Terio Carrera, presentador deportivo do Telexornal Mediodía da TVG, Gondomar afiánzase no seu proxecto de fomentar o deporte e poñelo en valor, premiando a deportistas e entidades que participan activamente no sector do ámbito local, con máis de 70 galardóns.

Así pois, os gañadores entre os nomeados nas oito categorías desta cuarta edición foron José Manuel Torres Nicolau e Noelia Piñeiro Pérez, como mellores deportistas masculino e feminino; o XVIII Torneo Aberto Internacional Tenis de Mesa Concello de Gondomar como mellor evento deportivo; o Club de Patinaxe Artística de Gondomar como mellor club; Serviancar como mellor patrocinador; Joel Ribeiro Díaz e Blanca Alonso Fernández como mellores deportistas revelación masculino e feminino; e o galardón á traxectoria deportiva recaeu en Manuel Lago Pérez.

Ademais, entregáronse recoñecementos especiais para premiar a traxectoria de persoas e colectivos que traballaron e traballan polo ben da vila. Nesta cuarta Gala do Deporte foron para Daniel Fernández Cerzón, José Misa Salgueiro, Nuria Narciso Acevedo, o Club Ciclista Gondomar no seu 25º aniversario, Javier Vidal Lago e a Cámara Municipal de Gondomar (Portugal) como Cidade Europea do Deporte 2017. Tamén se galardoou a título póstumo a Juan Antonio Rodríguez González.

A cerimonia comezou pasadas as 20:00 horas e contou coa actuación do Club Flic Flac. A celebración estendeuse ao longo de máis de dúas horas de maneira amena e dinámica, cunha posta en escena apoiada en pantalla, canón de proxección de vídeo e un gran despregamento de iluminación e son, consolidada xa como cita anual.

Pavillón Municipal Bernabé Costas de Miranda

Desde leste mesmo sábado, o Pavillón Municipal de Gondomar leva o nome de Berni Costas, o inesquecible xogador internacional de baloncesto en cadeira de rodas. O alcalde, Francisco Ferreira, xunto cos concelleiros Nuria Lameiro, Iria Lamas e José Manuel Chamorro, fixéronlle entrega dunha réplica da placa que xa ao finalizar a gala lucía xunto á porta das instalacións deportivas. Visiblemente emocionado, só puido agradecer o xesto. En homenaxe á súa nai, chamarase Pavillón Municipal Bernabé Costas de Miranda.

Premiados na IV Gala do Deporte por categoría deportiva:

Atletismo: Elena Costas Martín, Jacobo Briones Álvarez, Manuela González González, Desirée Vila García.

Baloncesto: Victor Villadóniga Santos, María Fernández Vidal, Hugo González Lameiro.

Ximnasia Acrobática: Blanca Alonso Fernández, Elena Veiga Pana.

Fútbol Gaélico: Jesús María Losada Arca, Ana Fernández Carneiro, María Dolores Vila Alonso.

Rally: Alberto Meira Fernández, Estrella Gradin Rocha, Juan José Rodríguez Román.

Deporte de Inercia: José Antonio González del Río, Hugo González Lameiro.

Petanca/Chave: Carlos Fernández Alonso.

Axedrez: Artai Bringas Gómez, Ana Fernández Carneiro.

Dúatlon e Tríatlon: Brais Misa García.

Rugby: Adrián Lago González.

Patinaxe Artística: Andrea López Rodríguez, Joel Ribeiro Díaz, Sofía Costas Ibarra.

Mushing: Noelia Piñeiro Pérez.

Bolos Celtas: José Rodríguez Domínguez, Roberto Paz Misa, Daniel Gómez Rodríguez.

Tenis: Víctor Estévez Álvarez, Claudia Sanjuan Ares.

Natación: Laura Yagüe Quiroga.

Tenis de Mesa: Martín Pintos Barreiros, Luisa Pintos Barreiro, Eladio Costas Pereira, Lucía Domínguez Heduy.

Ciclismo: Ricardo Martín Buba, Dani Jan Buba.

Fútbol: Raúl González Rial, Tamara Fernández Rodríguez, Manuel Figueroa Cabaco, Borja Chamorro Cameselle, Pablo González Costas.

Doma Clásica/Hípica: Joel Andrés Manso, Luis H. Martínez Corbacho, Candela Martínez Valverde.

Dardos Electrónicos: Sheyla Alonso Pichel, Ana Isabel Alonso Vila, Tamara Vila Costas.

Tiro con Arco: Rubén Rodríguez Alleres.

BTT Descenso: Pablo Salgueiro Troncoso, Ismael Salgueiro Troncoso.

Billar: Rubén Figueiras Sánchez.

Mellor Evento Deportivo: IX Trail Serra do Galiñeiro, Torneo Solidario Nadal Gondomar Fútbol Base Concello de Gondomar, XVIII Torneo Aberto Internacional Tenis de Mesa Concello de Gondomar.

Mellor Club ou Entidade Deportiva: Club Patinaxe Artística de Gondomar, Gondomar Fútbol Base (ascenso de Tercera a Segunda Rexional), Sociedad Atlética Val Miñor.

Patrocinio e Colaborador co Deporte: Rosquillas Cristaleiro, Serviancar, Agua Sana.

Mellor Traxectoria Deportiva: Manuel Martínez Ageitos (atletismo), Manu Hermida Bugallo (fútbol), Manuel Lago Pérez (rugby).

Mellor Deportista Revelación Feminina: Luisa Pintos Barreiros (tenis de mesa), Blanca Alonso Fernández (ximnasia acrobática), Manuela González González (atletismo).

Mellor Deportista Revelación Masculino: Joel Ribeiro Díaz (patinaxe), Jacobo Briones Álvarez (atletismo), Hugo González Lameiro (deporte de inercia).

Mellor Deportista Feminina: María Dolores Vila Alonso (fútbol gaélico), Noelia Piñeiro Pérez (mushing), Elena Costas Martín (atletismo).

Mellor Deportista Masculino: José Manuel Torres Nicolau (bolos), Brais Misa García (dúatlon), Martín Pintos Barreiro (tenis de mesa).

El pase de diapositivas requiere JavaScript.