Gondomar súmase ao Día Mundial do Autismo

O Concello de Gondomar recibiu este martes, con motivo do Día Mundial do Autismo, á directora da Residencia O Salgueiro, pertencente á Asociación Autismo de Vigo e que desempeña a súa actividade na antiga escola de O Salgueiro na parroquia de Vincios, xunto a traballadoras e usuarios dese centro, sendo recibidos polo propio alcalde, Paco Ferreira, entendendo que é imprescindible apoiar este tipo de iniciativas para facer visible á sociedade un problema que afecta a moitos fogares.

Por esta razón, Gondomar tinguirase de azul, sumándose á campaña de sensibilización internacional deste ano 2019 “Light It Up Blue”, na cal miles de edificios e monumentos emblemáticos de todo o mundo iluminaranse de cor azul, como mostra de apoio e solidariedade co colectivo de persoas con trastorno de espectro do autismo ( TEA) e as súas familias.