A obra “Jansel e Ponsel” abre a IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

A partir deste sábado 12 de xaneiro o Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá a IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar fomentarán e potenciarán a creatividade teatral e a representación neste mes de xaneiro que abre as portas a un ano de celebración dos 20 anos do IEM. A programación constará dun total de oito pezas teatrais interpretadas por Vichelocrego, Tranghallada teatro, Bertorella, Pritis- Guomis, A Moura, Os cabalos rosas brincan no patín, O mellor de cada casa e Arredemo. A entrada será gratuíta e para todos os públicos.

Programación

Sábado 12 de xaneiro- 19:30h
Jansel e Ponsel, representada por Tranghallada teatro de Nigrán.

Domingo 13 de xaneiro- 18:00h
Mamasiña que medo!, representada por Bertorella de Morgadáns.

Sábado 19 de xaneiro- 19:30h
Cóncavo-convexo, representada por Vichelocrego de Gondomar.

Domingo 20 de xaneiro- 18:00h
Rosa rosae, representada por Pritis- Guomins de Aula teatro Gondomar.

Sábado 26 de xaneiro- 19:30h
A revirada, representada por A Moura de Chaín.

Domingo 27 de xaneiro- 18:00h
Cousas da vida, representada por O mellor de cada casa de Viladesuso.

Sábado 2 de febreiro- 19:30h
O restaurante Farruco representada por Os cabalos rosas brincan no patín de Viladesuso.
Maruxas 3.0, representada por Arredemo de Gondomar.