O Seprona investiga o achado de tres ovellas mortas no monte de Baredo

FOTO: GARDA CIVIL // Un axente do Seprona xunto unha das ovellas achadas mortas en Baredo.

Un veciño de Baredo atopou o pasado venres os cadáveres de tres ovellas nun monte desta parroquia baionesa, nas proximidades do miradoiro de Cabo Silleiro, preto das antigas instalacións militares. O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil do Porriño e axentes do Posto Principal de Baiona-Nigrán fixéronse cargo da investigación. Os corpos atópanse en avanzado estado de descomposición e carecen de crotais que permitan identificar os seus propietarios, o que complicará determinar a causa da morte dos animais.

Anuncios