Esquerda Unida considera mellor opción acudir a un crédito para pagar o aparcadoiro do Aral

FOTO: CONCELLO DE BAIONA // Aparcadoiro do Aral.

Despois de ler a documentación sobre o acordo entre o Concello de Baiona e ABANCA para o pago do rescate po aparcadoiro do Aral e valorando as distintas opcións posibles, desde Esquerda Unida pensan como mellor opción a de acudir a un crédito a longo prazo que permitira ir facendo a amortización cos propios ingresos do aparcadoiro, xa que segundo o Alcalde desde que a xestión é municipal o mesmo é rendible, e utilizar o remanente de tesoureira, “que non é un aforro como queren facernos ver, senón a consecuencia de non esgotar o orzamento coa conseguinte merma nos servizos, para as dotacións que permita a lexislación. Ben entendido que o convenio proposto, visto illadamente, en canto ás cláusulas económicas non ten reparo pola nosa parte”, sinalou Silvano Montes.