En perigo a Antena da Cámara de Comercio en Gondomar

Xosé Antón Araúxo insta ao Goberno de Gondomar a procurar con urxencia unha solución de continuidade para a Antena da Cámara de Comercio en Gondomar. “Non podemos deixar que nos eliminen, sen atopar a forma de colaboración que nos permita ter unha estrutura de asesoramento que nos facilite a creación ou consolidación do tecido produtivo, e por tanto, riqueza”.

“É a nosa obriga coidar con especial atención, aquelas institucións que se dedican a promover as relacións económicas, as que facilitan a proxección exterior das nosas empresas, ou a axilizar a tramitación administrativa e burocrática dos emprendedores, autónomos ou empresarios”, recorda o concelleiro de Manifesto Miñor.

Para Araúxo, este é o caso da Antena Territorial da Cámara de Comercio en Gondomar, onde pódense expedir os certificados de orixe para as exportacións. Nela hai un Punto Pait que tramita a apertura dunha empresa en 24 ou 48 horas. Na Cámara promóvese o comercio, a formación, a innovación a dixitalización, asesoramento, reclamacións empresariais, asesoramento financeiro, certificados dixitais, axudas e subvencións, comercio exterior, programas europeos, etc.

“As empresas e o comercio de Gondomar ten a necesidade de seguir contando con estes servizos, agora en perigo”, conclúe Araúxo.