O Baíña FS organiza unha cea pre fin de ano

O Baíña Fútbol Sala celebra o próximo 15 de decembro a súa primeira cea pre fin de ano na Casa San Antón, Baiona. Trátase de ir de etiqueta (non é obrigatorio, pero si recomendable), cal cea de fin de ano, e onde se ceará, tomaranse as uvas coas súas badaladas ás 0:00 horas e onde se repartirá unha bolsa de cotillón por persoa, para a festa posterior alí mesmo, ata altas horas da madrugada.

O prezo para socios é de 22 €, de 27 para os non socios e de 10 € para os nenos. Os adultos, como prato principal terán secreto ibérico (carne) ou pescada. O acto é aberto para toda a xente de Baiona e arredores, teña ou non vinculación co club. O aforamento é limitado e as reservas pódense facer no teléfono 620 961 630.