Veciños do edificio situado no número 5 da Rúa Carabela Pinta de Baiona alertaron esta mañá da presenza de fume nunha das vivendas do 5º piso. O 112 Galicia recibiu o aviso ás 12:27, mobilizando ao GES do Val Miñor, que se desprazou ata o lugar do suceso con dúas dotacións. Unha vez cortados os servizos de luz e gas, os bombeiros abriron as xanelas para ventilar e sufocaron as chamas, que se orixinaron no quentador eléctrico, cun extintor de CO2. Non houbo que lamentar danos persoais xa que nese momento a vivenda estaba baleira, posto que os propietarios son de Vigo. Ademais do quentador resultou danada a lavadora e parte da cociña por efecto do fume. Tamén se desprazaron ata o lugar a Policía Local e a Garda Civil.
Artículos relacionados
Baiona informa sobre as axudas ao aluguer do novo Plan Estatal de Vivenda
O Concello de Baiona informa de que xa se poden solicitar as axudas ao aluguer do novo Plan Estatal de Vivenda. Os interesados terán de prazo para presentar a documentación ata o próximo 30 de […]
O Club Ciclista Rías Baixas pon no seu punto de mira a Volta a Zamora
No seu mellor momento da tempada o Club Ciclista Rías Baixas inicia unha das roldas por etapas máis importantes do calendario español Elite e Sub23. Desde este mércores e ata o sábado, a Volta a […]
Uns 50 voluntarios plantan 250 árbores autóctonas en Chandebrito
Concello de Nigrán, Comunidade de Montes de Chandebrito e Asociación de Veciños “O Castro” conmemoraron este domingo na parroquia o “IV Aniversario dos Incendios”. Uns 50 voluntarios plantaron 250 árbores autóctonas doadas polo CFEA de […]