O alcalde de Nigrán recibe aos alumnos do Humberto Juanes nunha visita didáctica ao Concello

O alcalde de Nigrán, Juan González, recibiu hoxe a alumnado de terceiro de primaria do CEIP Humberto Juanes de Nigrán nunha visita didáctica ao Concello que se repetirá mañá con outro grupo. Os rapaces foron guiados polas distintas dependencias municipais, onde se lles explicou o traballo que se desenvolve en cada unha, prestando especial atención ao Salón de Plenos, onde entre eles mesmos representaron unha sesión. Finalmente, na Alcaldía foron recibidos polo rexedor, a quen lle transmitiron as súas inquedanzas e propostas para o municipio.