Marta Abruñedo gaña o Torneo 525 Aniversario da Arribada de Pádel Surf

Marta Abruñedo, do Club Galego de Surf, de Nigrán, logrou entrar hoxe no máis alto do podio ao conseguir a primeira praza do Torneo 525 Aniversario da Arribada da Pinta a Baiona, dentro das probas disputadas no Campionato de España de Pádel Surf. A campioa do Torneo resulta do cómputo dos resultados obtidos nas tres probas que se disputaron este fin de semana en Baiona: a proba de longa distancia do Campionato de España de Pádel Surf, a carreira técnica e os sprints. A segunda mellor clasificada nestas tres probas e, por tanto, medalla de prata do Torneo 525 Aniversario da Arribada, foi Laura Quetglas (ouro en longa distancia no Campionato de España), e terceira, a nigranesa Esperanza Barreiras, do club Onexe. Barreiras conseguiu o sábado o segundo mellor tempo na proba de longa distancia, logrando o título de subcampioa de España.

Na categoría masculina, o gañador do Torneo 525 Aniversario da Arribada foi Jugi Zulaika, do Club Kairoscore de Donosti, seguido de Miquel Roigé, do Club Molokai de Barcelona, e Rui Miguel Ramos, do Club Viana do Castelo.

Na categoría sub-18 o campión do Torneo 525 Aniversario da Arribada foi Aarón Sánchez, do Club Mar Balear; o segundo lugar foi para Manuel Hoyuelas, do Club Suances e Benjamín Laurence Moreham, do Onexe de Forteventura. Na categoría feminina, a primeira e segunda mellor clasificada sub-18 foron Aída Soberbio e Dina Gordillo, as dúas do Mar Balear, e a terceira Rakele Mannino, do Onexe.