Cidadáns presenta novo grupo local en Gondomar

Cidadáns continúa coa súa expansión e crecemento en Galicia coa presentación esta tarde do seu novo grupo local de Cs en Gondomar. No acto de presentación, a xunta directiva do novo grupo local de Cs estivo arroupada por membros do Comité Autonómico do partido en Galicia: Laureano Bermejo, secretario de organización autonómico, e Javier Alonso, portavoz de Cs Galicia por Pontevedra.

Este Grupo Local de Cs Gondomar está formado por Manuel Gómez González que asume a coordinación do grupo local, Jonathan Rodríguez Barros, que será o responsable de redes sociais, e Beatriz Fernández Alonso, a ligazón municipal.

O coordinador local, Manuel Gómez, quixo deixar claro o obxectivo co que esta agrupación ponse en marcha aludindo á necesidade de que «canto antes este concello de Gondomar teña un goberno á altura dos seus cidadáns, onde se acaben dunha vez as disputas diarias entre os socios de goberno», dixo o coordinador de Cs.

Gómez márcase como liña de traballo «o traballo serio», dixo, «para transformar este pobo nun referente en toda a comarca en benestar social e progreso, achegando á política o sentido común tan necesario, pivotando nos grandes valores de liberdade, igualdade e solidariedade».

O novo coordinador convidou a todos os presentes a sumarse a un proxecto como o de Cs que puxo en valor «convido a facerlles partícipes deste proxecto no que os cidadáns gondomareños sexan os verdadeiros artífices dese cambio tan necesario, que non podemos deixar pasar esta oportunidade, senón, converterémonos tamén en cómplices dun destino nada halagüeño» , explicou ademais a importancia de empezar a traballar en serio por Gondomar, «é vital poder empezar a ofrecer unha alternativa política limpa e sen corruptelas aos nosos veciños e por iso a proposta de xente honrada e traballadora, que vimos para mellorar a vida de todos os que vivimos aquí».

Gondomar, concello de soleira deste Val Miñor, en pleno século XXI «non pode estar a adoecer de Plan Xeral» explicou Gómez aludindo aos que responsabiliza desta situación. «Este goberno e o anterior, son os únicos responsables de que isto ocorra; deixaron caducar un plan xeral que con data 13/05/2011 entrou por rexistro con todos os informes preceptivos para a súa aprobación inicial. Pois se tiraron pola borda 300.000 €», dixo.

Cidadáns Galicia está presente a día de hoxe en 50 concellos repartidos por toda Galicia e suma máis de 6.500 inscritos (afiliados+simpatizantes).