Baiona amplía e mellora o pavimento do Camiño Cabreiro e Portelo en Baredo

O Concello de Baiona levou a cabo a ampliación e reforma do Camiño Cabreiro e parte de Portelo en Baredo, onde se investiron 45.683,31 €. A actuación consistiu na ampliación da sección existente nos sobre anchos que non se atopaban debidamente pavimentados, así como en mellorar a totalidade do firme mediante fresado e reposición da capa de rodaxe ante o seu mal estado de conservación. O tramo obxecto da actuación sitúase ao redor dos 3.000 metros cadrados.

Os traballos levados a cabo ao longo das últimas semanas polos operarios responsables da obra provocaron unha importante mellora nos viarios, que locen nova pavimentación. Así mesmo, tamén se ampliou de forma notable o espazo nalgúns dos seus tramos. Con todo iso conseguiuse un camiño totalmente seguro, cun ancho que mellora a circulación entre vehículos e a circulación de viandantes ademais dunha mellor maniobrabilidade ao acceso ás vivendas e a mellora da recollida das pluviais. Para evitar exceso de velocidade executáronse dous redutores de velocidade lembrando que, aínda que tras os traballos converteuse nun viario de alta capacidade, non deixa de ser un tramo urbano limitado.

“Os traballos levados a cabo permitiron a ampliación do ancho do camiño, o que facilitará a circulación na zona, facilitando o cruzamento en paralelo de dous vehículos e o tránsito de viandantes, o que repercutirá positivamente na accesibilidade e a vertebración do territorio, así como na calidade de vida dos veciños”, concretou o Alcalde, Ángel Rodal.

“É para nós unha prioridade mellorar as condicións que presenta a nosa rede viaria rural para facilitar a circulación nos camiños municipais, así como que as nosas parroquias conten con infraestruturas de calidade que garantan o mellor servizo aos nosos veciños, podendo estes acceder ás súas vivendas nas mellores condicións posibles”, matizou Rodal.

De aí, que fose incluído como un dos camiños para arranxar con carácter urxente dentro do plan do Concello para mellorar e acondicionar todas as vías do municipio, dando prioridade ás que presentan maior necesidade. O Alcalde, o Concelleiro de Urbanismo e Infraestruturas e o de Vías e Obras expresaron a súa satisfacción por poder realizar esta mellora e aseguraron que o seu compromiso é seguir mellorando o asfaltado de camiños do rural para mellorar a vida diaria dos veciños.

Esta ampliación e mellora o pavimento do Camiño Cabreiro e Portelo en Baredo súmase a outras tantas actuacións levadas a cabo na mesma parroquia no Camiño Cocho da Lomba, Camiño do Cancelo, Camiño da Torre ou o Camiño de Boucelo.