Jamila Purofilin chega a Baiona co seu concerto “Bolerista en viaje”

A vocalista e autora cubana Jamila Purofilin presenta este xoves 16 de agosto en Baiona un concerto titulado “Bolerista en viaje”, no escenario da Praza do Concello ás 23:00 horas, incluído no programa cultural Baiverán 2018.

Con cancións e bolero propios, case todos creados en Galicia, onde Jamila Purofilin reside desde fai dez anos, máis outros do repertorio tradicional (Dos gardenias, Quizás quizás quizás e a clásica Guajira guantanamera), a artista permitirá xunto cos seus acompañantes cubanos, Willy Mondeja (guitarra e dirección musical) e Noelio Rey (percusión cubana), demostrar cuán vixentes continúan os vínculos entre a cultura galega e a cubana.

Jamila Purofilin interpretará cancións do seu disco Julio Cortázar Songs, e boleros seus compostos en Compostela como “Bolero inexplicable” e “Tributo a la Mil diez”, ambos os dous apoiados pola Fundación SGAE coas súas Axudas á creación de músicas populares.