Os carros de bólas volven descender por Camos

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // Baixada de Carros de Bólas en Camos.

O Concello de Nigrán e a Asociación Eixotolo celebraron este mércores a tradicional baixada de carros de bólas na parroquia de Camos, evento recuperado fai tres anos tras máis dunha década sen celebrarse. A competición foi puntuable no Campionato Galego e de España e desenvolveuse durante toda a tarde, con xuíces que cronometraron o percorrido. Participaron ao redor de 60 vehículos individuais e colectivos, desde triciclos a gravity bikes, carros artesanais con rodas e os tradicionais carros feitos con rodamentos, coa obrigación do uso de casco, codeiras, rodilleiras e contar con sistema de freado.

Esta décima edición celebrouse na rúa San Roque, o percorrido orixinal onde naceu a espectacular proba, recuperado o pasado ano, que discorre desde o Torreiro de Festas ata practicamente o Pazo da Touza. Cunha lonxitude de 1 km e un desnivel do 60%, deixou imaxes espectaculares ao superar os vehículos o 70 km/h e contar con grandes curvas. Neste escenario realizáronse un total de seis mangas nas modalidades individual e colectiva de carrilanas de rodamento, pneumáticas, triciclos, gravity bikes, drift trike e skeleton, formando parte algunhas delas do Campionato Galego e outras fóra de competición.

Os que participaron por libre competiron en función da orixinalidade na construción. Estes premios dos non federados limítanse aos carros de bólas (vehículos que se desprazan a través de rodamentos) co obxectivo de potenciar esta construción primitiva. O premio á carrilana máis elaborada foi para “Libélula” (Trofeo + 100 euros), seguida por “O Baño” (Trofeo + 175 euros) e “Carreta Vaqueira” (Trofeo + 75 euros). O trofeo ao golpe máis simpático foi para “O Tanque” e o artefacto máis rudimentario “Os Escumas”.

Na modalidade de Gravity Bike a vitoria foi para Francisco Campos Araújo. Salomé Iglesias Gil foi segunda e Sandra Soto Otero terceira. En Drift Trike (triciclos) levou a vitoria Miguel Ángel Rodríguez Riveiro, acompañado no podio por Cristian Antonio Viqueira e Carlos Alcocer Troncoso.

En carrilanas GX o primeiro clasificado foi Samuel Mallo Casalderrey, seguido de Salvador Costas Vila e Jose Manuel Soto Crespo, segundo e terceiro respectivamente. En carrilanas pneumáticas C1-C4 o gañador foi Sergio Martínez Búa, mentres que Dieguiño Baroja González ocupou o segundo posto. En C8-C9 o mellor tempo foi o de Brais Fernández Alonso, seguido de Jose Carlos Iglesias Rivas e César Alonso Prado en segunda e terceira posición respectivamente.

Ricardo Domínguez Davila levou a vitoria en carrilanas RX, categoría na que Manuel Baqueiro Iglesias foi segundo e Sergio Rey Silva terceiro. Na categoría Skeleton o gañador foi Mikel Corredoura Cebreiro, por diante de Samuel Martínez Campos e Rubén Iglesias Carballo.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.