14 food trucks de “Rilla na Rúa” aparcan desde mañá no Paseo da Ramallosa

A feira gastronómica itinerante “Rilla na Rúa” volve a Nigrán por terceiro ano consecutivo. Desde mañá mércores 25 ata o domingo 29, 14 food trucks con diversas propostas gastronómicas ocuparán o Paseo da Ramallosa. Ademais, durante os cinco días haberá distintas actividades programadas para todos os públicos.

“Rilla na Rúa”, que está considerado un dos eventos de street food máis importantes de España, reuniu en Nigrán o pasado ano a máis de 10.000 persoas. “Nigrán converteuse para nós no lugar máis importante da xira estival”, comenta Iago Sánchez, director de produción de Elemental Street, empresa promotora do evento.

Comida rueira, música e actividades

A mellor comida rueira servida nas mellores autocaravanas de España e unha programación variada, fan do “Rilla na Rúa” unha cita imprescindible para os habitantes e visitantes de Nigrán. Este ano a música en directo ten un protagonismo importante: Ibanfield, o grupo de jazz Low bay hot band, que se sobe ao escenario do evento en colaboración con Nigrán Jazz, Babú and the Grove Conection, La Pistola do Manco, Vilapengüin Dj´s e ASel Collins DJ.

Ademais, volverá ás praias da zona e ao recinto do “Rilla na Rúa” o espectáculo de Nelson Quinteiro. Tamén se poderá gozar de 15 markets de produtos vintage, actividades infantís ou a actuación da escola de baile LDanzia. “Rilla na Rúa” conta coa colaboración do Concello de Nigrán, Mahou, Sousas e Petroni.

HORARIOS-RILLA-NIGRAN-2018