XVI Festival de Habaneras e Boleros en Nigrán

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN // A Coral Novos Aires de Nigrán.

O Concello de Nigrán e a Coral Novos Aires de Nigrán ofrecen mañá sábado dende as 21:30 horas no Auditorio Municipal o XVI Festival de Habaneras e Boleros coa intervención da propia coral organizadora, a Coral Polifónica Lira de San Miguel de Oia e o Orfeão de Vila de Praia de Âncora. Os asistentes poderán gozar de grandes clásicos como “Yo no sé cómo quererte”, “Si tú me dices ven”, “Ilusión de Amor”, “La Golondrina”, “Amor compartido”… A entrada é de balde ata completar aforo.