Chandebrito: A historia viva dunha traxedia

Toda historia ten o seu escenario. Todo o que ocorre, real e vivo, póusase no mapa para determinar a súa existencia. Mais nalgúns casos, os espazos multiplícanse para dar lugar a moitas historias, versións auténticas dun mesmo feito. Moitos foron os puntos afectados pola vaga de lumes de outubro do 2017. En Chandebrito (parroquia do Concello de Nigrán) lembran un domingo escuro, negro e calcinado. A páxina web En Cinzas visita un terreo vítima da ardente aniquilación, estragado e descoñecido para os veciños da zona. Aínda non identifican a nova “paisaxe”. É lóxico, o verde tornou en cinzas. Aquí a súa historia, unha de tantas outras.