A Federación Galega de Atletismo organizou este domingo os Campionatos de Galicia Sub 20 e Sub 23 de pista ao aire libre nas pistas da Malata en Ferrol. A baionesa Andrea Pais Rodríguez fíxose co título autonómico en 400 metros Feminino Sub 20. A deportista do Atletismo Feminino Celta conseguiu unha marca de 58.91. No podio estivo acompañada por Miriam Otero Martínez, do Lugo RC Ramos Loures (1:01.41) e Vanessa Juncal Sanjurjo, do CA Santiago (1:06.78), segunda e terceira respectivamente.
Artículos relacionados
A interacción das candorcas con veleiros
As candorcas (Orcinus orca) que habitan a península Ibérica, normalmente obsérvanse na primavera e no verán alimentándose de atúns na súa entrada ao Mediterráneo, o Estrecho de Gibraltar, onde se realizaron varios estudos sobre elas. […]
ViaGalicia abre a súa quinta convocatoria
Apostar por proxectos innovadores, acelerables e invertibles. Este é o principal obxectivo de ViaGalicia, a aceleradora promovida polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia que, a partir do 27 de […]
O Certame de Rondallas reunirá no Ifevi a 1.200 participantes
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentaron este martes a sexta edición do VI Certame de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo que […]