O Centro Cultural de Chaín organiza unha excursión á comarca do Deza

FOTO: TURISMO RÍAS BAIXAS // Pendellos de Agolada.

O Centro Cultural “A Merced” de Chaín participará o vindeiro domingo 29 de xullo no programa da Deputación de Pontevedra “En Ruta coa Depo”, cunha excursión pola comarca do Deza. Visitarán Pendellos de Agolada, o Museo “A Solaina” de Piloño e a Igrexa de San Salvador de Camazo. O prezo para participar é de 12 euros e inclúe o desprazamento de ida e volta en autobús desde o Centro Cultural, a visita guiada por unha persoa habilitada como guía de turismo especializada de Galicia e a comida (o menú constará de dous pratos, sobremesa, café/infusión e bebidas. Os interesados poden anotarse no Centro Cultural ou no teléfono 686 716 445.