O Centro Cultural de Chaín celebra o Día das Letras Galegas cun concerto de corais

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // Coral do Centro Cultural "A Merced" de Chaín.

Este sábado 19 de maio o Centro Cultural “A Merced” de Chaín celebra o Día das Letras Galegas cantando. Participará a Coral “Os Vagalumes” da AVCD “O Castro” de Chandebrito, a Coral Polifónica Baiona A Real e a Coral Polifónica “A Merced” de Chaín. O concerto comezará ás 21:00 horas.