Dúas vitorias e tres derrotas para o Club de Xadrez Laroca na terceira xornada de liga

Este sábado, despois do parón por mor da celebración dos campionatos galegos en Ferrol, celebrouse a terceira xornada da liga galega de xadrez onde o Laroca de Nigrán cosechou dúas vitorias e tres derrotas.

Na primeira división o equipo do Laroca A perdeu por 2.5 a 1.5 en Mondariz ante o equipo do Xadrez Marcote, con vitoria de Fran e táboas de Tino, derrotas de Mireya e Sergio.

Na segunda división houbo pleno de vitorias, o equipo do Laroca B gañou por 1-3 no seu desprazamento a Pontevedra ante o equipo EXP Escolas Deportivas, vitorias de Dani, Rafa e Araujo, perdendo no primeiro taboleiro Patricio, resultado que se repetiu na sede de Mallón ca vitoria por 3-1 do Laroca C ante os tudenses de Chiringo Contos Tui, vitorias de Artai, Chema e Lino, e derrota de Jorge.

Na terceira división os dous equipos laroqueiros perderon os seus encontros, o Laroca Mallón perdeu por 3-1 ante o xadrez Altamira, vitoria de Agustín e derrotas de Mauro, Ricardo e Matías, mentres que o IES Auga da Laxe perdeu en Nigrán ante o equipo do Instituto de Ponteareas-Ponteareas B, por 1.5-2.5, con vitoria de José Manuel, táboas de Laura e derrotas de Ana e Osian.