Baiona incrementa a súa seguridade coa incorporación de dous novos policías

FOTO: CONCELLO DE BAIONA // O alcalde xunto os dous novos axentes.

O Alcalde de Baiona, Ángel Rodal, deu a benvida aos dous novos axentes de Policía Local que desde esta semana pasan a formar parte do persoal en activo da Xefatura de Policía de Baiona, tras completar o seu período de formación na academia. As prazas foron cubertas polo sistema de acceso en quenda libre e mediante o sistema de oposición.

“As novas incorporacións supoñen unha maior presenza policial nas nosas rúas e, por tanto, unha contribución á mellora da calidade de vida dos cidadáns de Baiona”, declarou o Alcalde, Ángel Rodal.

O persoal da Policía Local estaba composto por un Inspector-Xefe, un Oficial e trece axentes aos que se suman as dúas novas incorporacións.