Gondomar instala un abeto de Nadal para que o decoren os veciños

Pon un adorno, sobe a túa foto e pide un desexo, é a iniciativa que Gondomar puxo en marcha coa colocación dun abeto de Nadal na Praza do Concello. A árbore foi instalada no Palco da Música sen ningún tipo de adorno, xa que o obxectivo é que sexan os veciños e veciñas quen o decore. O alcalde, Paco Ferreira, fai un chamamento a pequenos e maiores para que participen. “Cada neno que participe colocando un lazo, unha bóla, etc. Que cada comerciante e a cidadanía faga o mesmo e participe…”.