Un incendio forestal afectou a 0,3 hectáreas de monte en Belesar

FOTO: SABINO MARTÍNEZ // Incendio en Medialdea, Belesar.

Ás 19:30 horas deste mércores declarouse un incendio forestal en Medialdea, na parroquia baionesa de Belesar. Ao parecer as chamas iniciáronse en varios focos á vez, o que indica que probablemente foi provocado. O lume, que se produciu nunha zona próxima a vivendas, deuse por extinguido ás 21:23 horas e segundo informaron desde a Consellería do Medio Rural afectou a 0,2 hectáreas de arboledo e 0,1 hectáreas de monte raso. Na súa extinción participaron dous axentes, dúas brigadas e unha motobomba. Ata a zona tamén se desprazou o GES de Val Miñor, Bombeiros do Porriño, a Garda Civil e a Policía Local de Baiona.