Gondomar reúne máis de 200 quilos de alimentos no Torneo Escolar de Tenis de Nadal

Este domingo celebrouse o tradicional Torneo Benéfico Escolar de Tenis de Nadal 2017 Concello de Gondomar, no que participaron 105 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos. O evento, organizado polo Club de Tenis Gondomar e a Concellería de Deportes, resultou un éxito, recadando máis de 200 quilos de alimentos non perecedoiros que irán destinados ao Departamento de Servizos Sociais para que os distribúa entre as familias máis necesitadas do municipio.

“O noso máis sincero agradecemento a todos os papás e mamás que aguantaron o frío toda a mañá e aos peques polo ben que se portaron, o noso agradecemento tamén a todos os colaboradores e como non, tamén ao noso Concello polo seu apoio e colaboración, seguimos gozando do tenis en Gondomar”, destacan desde o club organizador.

Finalistas:

Prebenxamín
Campión – Iago Domínguez
Subcampión – lucca Martínez
Campión Consolación – Hugo Martín
Subcampión Consolación – Marcos Cabadas

Benxamín
Campión – Lucas Botana
Subcampión – Daniel Martínez
Campión Consolación – Paulo Ramos
Subcampión Consolación – Roi Álvarez

Alevín
Campión – Gonzalo Lis
Subcampioa – Claudia Sanjuán
Campión Consolación – Igor Álvarez
Subcampión Consolación – Íñigo Millán

Infantil
Campión – Víctor Estévez
Subcampión – Iker Álvarez
Campión Consolación – Alejo Fernández
Subcampión Consolación – Alessandro Porcu

Cadete
Campión – Gabriel Gil
Subcampión – Álvaro Aira
Campión Consolación – Carlos Gregorio
Subcampioa Consolación – Sara Sanromán