Falece un veciño de Baiona ao caer dunha árbore que estaba a podar en Nigrán

Un veciño de Baiona de 47 anos de idade faleceu este luns tras caer dunha árbore dunha leira da súa propiedade situada na Rúa do Xolgo, no barrio da Laxe en Parada-Nigrán, mentres realizaba labores de poda. O home, E.D.V., con domicilio en Medialdea (Belesar), precipitouse ao chan desde unha altura duns seis metros e sufriu un forte traumatismo.

Tras o aviso dunha veciña, trasladáronse ata o lugar os servizos de emerxencia do 061, que non puideron facer nada para reanimar ao home e certificaron o falecemento. Acudiron á zona axentes da Policía Local de Nigrán, Garda Civil e Protección Civil.