Clases de chinés e xaponés no Centro Sociocomunitario de Baiona

O Centro Sociocomunitario de Baiona acollerá novos cursos de chinés e xaponés a partir de outubro, todos os venres pola tarde. Estarán impartidos por unha profesora titulada con ampla experiencia docente. Máis información e inscricións nos teléfonos 695 470 006, 886 110 124 ou 886 110 123 ou a través dos correos electrónicos todosobrechinayjapon@gmail.com ou c.b.s.baiona@xunta.es.