Baiona rende homenaxe a Alejandro Goce como ex compoñente da Danza das Espadas

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // O homenaxeado tras recibir a placa conmemorativa.

Este domingo celebrouse no Parque da Palma a habitual homenaxe a ex compoñentes da tradicional Danza as Espadas de Baiona. Nesta ocasión, foi recoñecido Alejandro Goce Silva “Canco”.

Despois da actuación da Escola de Danza Vila de Baiona, acompañada polas Pandereteiras de Monte Boi e o grupo de gaitas “A Seneira”, recibiu unha placa conmemorativa da man do alcalde, Ángel, e do capitán e o rabero da Danza das Espadas.

Para finalizar o acto, os integrantes da Danza das Espadas realizaron o tradicional baile, acompañados pola charanga Va K Pinta, especialmente dedicado ao homenaxeado.

Alejandro Goce Silva “Canco”

Alejandro Goce Silva “Canco” naceu o 11 de novembro de 1943. Empezou a bailar a Danza das Espadas no ano 1958, co seu pai, que era rabero, nos ensaios varios anos, sendo o capitán naquela época o Sr. Pepe “El Rachote”. Participou durante 12 anos, ata que se xubilou cando deixou Manuel “Ratel”.

O seu irmán Carlos “Lalo” tamén bailou as danzas varios anos, do mesmo xeito que o seu sobriño Jose “O Galo”, que foi rabero. Actualmente baila o seu sobriño Jose e o seu fillo Óscar, catro xeracións bailando as espadas.

Foi mariñeiro toda a vida, pescando ao anzol á robaliza. Tamén estivo embarcado ao atún en África, Seychelles, Panamá… Cando estaba en terra de vacacións, bailaba a Danza das Espadas con Artemio (Penillos), Lito o de Piño. Kanikí, Amador, o seu irmán Lalo, entre compoñentes do grupo.

Casado con Ángeles Carneiro é pai de tres fillos, Ángeles, Ana e Alejandro, que lle deron dous netos, Cristian e Álvaro.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.