O barrio de Vilariño, pertencente á parroquia nigranesa de San Pedro da Ramallosa, celebra este fin de semana as festas na honra de San Antonio. O sábado 17 de xuño o grupo Ritmo e o trío Fiesta amenizarán a verbena. O domingo 18 ás 10:30 da mañá a Banda de Música San Miguel de Oia ofrecerá un pasarrúas por Vilariño. Ás 11:00 horas comezará a Misa Solemne con posterior procesión na honra de San Antonio, acompañada pola mesma Banda de Música, que ademais ofrecerá un concerto a continuación.
Artículos relacionados
A Deputación achega a Baiona 67.000 € para o talaso da cetaria de Monte Boi
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar catro novas achegas para os concellos de Arbo, Caldas de Reis, Baiona e Poio, ao abeiro da liña 1 de investimentos do Plan Concellos […]
En Nigrán tamén se fala galego!
60 alumnos de 4º da ESO do IES Val Miñor participan na campaña de promoción da lingua galega entre o comercio local. O proxecto Aquí Tamén Se Fala xurdiu o curso pasado no IES Rafael […]
Gondomar clausura o minicampamento de igualdade “Cocreando”
O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, despidiu aos participantes no minicampamento de igualdade “Cocreando”. Os campamentos, organizados pola Concellería de Igualdade e financiados pola Deputación Provincial de Pontevedra, tiñan como obxectivo alentar o pensamento crítico […]