O Club Baloncesto Baiona convoca asemblea extraordinaria para elixir novo presidente

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Debido á finalización do período de mandato do actual presidente, Alfonso Mandado, o Club Baloncesto Baiona convoca aos seus socios para a asemblea xeral ordinaria correspondente á tempada 2016/2017 e a continuación á asemblea extraordinaria para a elección do novo presidente.

Ambas as asembleas celebraranse o día 18 de xuño e terán lugar debaixo da Praza de Abastos, no Multiusos Ángel Bedriñana, ás 10:30 en primeira convocatoria e ás 11:00 en segunda para a asemblea xeral ordinaria, e ás 12:00 horas en convocatoria única para a asemblea extraordinaria.

Os prazos de presentación de candidaturas para presidente serán desde o 1 ao 15 de xuño. Poderán enviarse a través de correo electrónico ou por correo postal á dirección do club: Pavillón Municipal, Dolores Agrelo S/N, 36.300 Covaterreña-Baiona, ou clubbaloncestobaiona@clubbaloncestobaiona.com.

Posteriormente no Pavillón Municipal de Deportes terá lugar a tradicional comida de final de tempada para todos os xogadores, familiares e socios do club.

Sesión de portas abertas

O sábado día 10 de xuño, o Club Baloncesto Baiona terá unha sesión de portas abertas a partir das 16:30 da mañá para todos os nenos e nenas que se animen a participar nunha xornada de xogos e competicións de baloncesto.