Pura Alonso e Mario Fernández gañan o II Concurso de Empanadas e Tortillas do Mercado de Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

O Mercado de Abastos de Baiona celebrou este venres o seu II Concurso de Empanadas e Tortillas, enmarcado na campaña “Quere o teu mercado” e que contou cun total de 9 participantes, 4 na categoría de Empanadas e outros 5 na de Tortillas.

Cada un dos participantes tivo que presentar os seus pratos elaborados antes das 11:30 horas. A valoración dos pratos levouse a cabo por un xurado que estivo constituído por persoas alleas aos participantes, que degustaron e votaron polo prato que máis lles gustou sen saber a quen pertencía. Os clientes que se achegaron a partir das 12:00 horas ao Mercado puideron presenciar o concurso e degustar os pratos participantes.

Pura Alonso resultou a gañadora na categoría de Empanadas e Mario Fernández na de Tortillas. Ambos levaron un lote de vales de compra do Mercado valorados en 60 euros. Todos os participantes recibiron material promocional, un delantal e unha bolsa reutilizable de tea da campaña “Quere o teu mercado”, block e libro.