Grande acollida da 5ª edición da Festa da Empanada en Gondomar

FOTO: OVALMI

Desde o venres 12 ata o mércores 17 de maio tivo lugar a quinta edición da Festa da Empana, organizada pola Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) en colaboración ca Concellería de Comercio e Turismo do Concello de Gondomar.

A cita gastronómica tivo unha grande acollida entre veciños e foráneos que se achegaron ata Gondomar para gozar desta delicia culinaria tan presente en Galicia.

17 establecementos hostaleiros repartiron durante estes 6 días de celebración do evento centos de racións de multitude de variedades de empanada: carne, xoubas, choco, bacallau, entre outras.

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) afirma que a participación por parte da hostalería foi moi boa tendo en conta o número de locais adscritos e amósanse satisfeitos cos resultados do evento.

Pola súa banda, a Concellería de Comercio e Turismo do Concello de Gondomar, manifesta que seguirá apostando e colaborando con este tipo de citas que permiten potenciar, ademais do lugar, a gastronomía e hostalería do municipio.

Esta 5ª edición da Festa da Empanada foi a consolidación deste evento no calendario de actividades do Val Miñor.

Nesta edición, volveuse a elixir a mellor empanada, sendo os gañadores:

1º PREMIO MELLOR EMPANADA 2017
CAFÉ BAR ESTANCO

2º PREMIO MELLOR EMPANADA 2017
RESTAURANTE LA VITROLA

3º PREMIO MELLOR EMPANADA 2017
TAPERÍA A GALIÑA DO ARDORA
LA ESQUINA DEL GOURMET