Máis de 40 vehículos participan na segunda edición da Clásica Manuel Alfaro

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Saída dos dos vehículos participantes na II Clásica Manuel Alfaro.

Un total de 41 vehículos participan este sábado na segunda edición da Clásica Manuel Alfaro, evento de regularidade para coches clásicos organizado pola familia do lembrado piloto de clásicos que lle dá nome, contando coa colaboración da Escudería Vigo Clásicos e co apio imprescindible dun gran número de patrocinadores e colaboradores.

Os vehículos participantes concentráronse no parque pechado, situado na Finca de Castro, en Rúa dos Pazos, 61-63 en Nigrán, a partir das 12:00 horas. Alí puidéronse ver vehículos clásicos habituais nos rallys dos anos 70 e 80 como Austin Cooper S, Mini Morris, BMW 2002, Porsche 911, Porsche 914, Triumph Spitfire, Lancia Beta, Seat 124,… e outros moitos. Todos os vehículos participantes teñen máis de 30 anos de antigüidade.

Ás 16:00 horas comezaron a saír os coches do parque pechado, circulando de minuto en minuto, para percorrer diferentes estradas de Nigrán, pasando, entre outros lugares polo polígono Porto do Molle.

A partir de aí saíron en dirección Gondomar para seguir ruta cara a Tebra, Tui, Tomiño, onde realizarán unha parada sobre as 6 e media da tarde para repoñer forzas e continuar cara ao Rosal e Oia, onde terminarán o seu percorrido no Restaurante “Lugar”, para pasar á cea de fin de rally e cerimonia de entrega de premios.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.