Alberto Meira consegue a vitoria en Oia na categoría de carrozados

FOTO: ALBERTO MEIRA

Vitoria na X Subida a Oia para Alberto Meira na categoría de carrozados grazas aos slicks Pirelli que funcionaron á perfección. O piloto de Vincios subiuse ao máis alto do podio cun tempo de 5:15.887, a 24 segundos de Miguel Ángel García e a 28 de José Benito Espiño, segundo e terceiro respectivamente.

Na clasificación xeral da proba, coa que se abriu o Campionato de Galicia de Montaña, Meira acabou cuarto, por detrás de Pablo Rey, terceiro, Jesús Pombo, segundo, e Alexis Vieitez, campión desta edición.

O equipo AMF Motorsport participou na X Subida a Oia co obxectivo de continuar collendo ritmo de fronte ao Campionato Galego de Rallyes, que se renovará o próximo mes de xuño en Narón.