Realizadas as conexións e as probas de presión para levar o abastecemento de auga a Parada

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN

Os traballos que comenzaron o pasado mes de febreiro, cun prazo de execución de 6 meses, deron no día de onte un paso importante ao conectar, nun gran pozo de rexistro, as redes existentes á nova rede de auga e así poder facer as probas de presión que achegarán a auga dende Porto do Molle ao depósito que se construirá no monte Eiró.

As obras corren a cargo da empresa COVSA, firma que resultou adxudicataria por 316.000 euros entre as 50 ofertas presentadas. «A realidade é que no século XXI os veciños de Parada só poden recurrir a pozos para obter auga, unha situación que urxe remediar precisamente nun momento no que o cambio climático pode abocar á seca dos pozos tradicionais e por elo dende o goberno local consideramos que é unha obra urxente e moi necesaria, é un investimento fundamental para Parada e para Nigrán», valora o alcalde, Juan González.

As actuacións que se están a levar a cabo teñen como finalidade ampliar a rede de abastecemento mediante a instalación dunha nova conducción que se enganche á xa existente no Parque Empresarial Porto do Molle e logo, a través dun bombeo, impulsar a auga ata un punto alto onde se construirá un novo depósito de regulación de 500 m3 (no Pico de Eiró, preto do paso superior da autoestrada AG-57) dende onde posteriormente se dará servizo ás vivendas asegurando un servizo óptimo. No entorno do Parque Empresarial Porto do Molle será onde se constrúa o pozo de bombeo que impulsará a auga ata este novo depósito.