Tarde de baile para os maiores de Nigrán

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN

O Concello de Nigrán dedicou a tarde do luns aos maiores cun baile de entroido a cargo de Trío Armonía no Auditorio Municipal a partir das 18:00 horas. Ademais, houbo chocolate quente para todos os asistentes, acompañado de orellas e filloas, típicas destas datas.