Anuncios
Ticker de novas

Carretera de la Guardia

Postal da Serie de “La Erizana” titulada “Bayona (Galicia) – Carretera de la Guardia”. En primeiro termo está a “Casa de Amor” e ao fondo a “Casa de Mirambel, a “Casa de Mulder”, “Gurugú”, etc. Hoxe, a meirande parte delas substituíronas por edificacións urbanas.

Serie de “La Erizana”. Fototipia de Hauser y Menet

Esta serie, probablemente realizada por un establecemento comercial, fíxose na fototipia de Hauser y Menet de Madrid. O impresor utilizou na serie placas da súa serie xeral. Por descoñecer o número de postais non podemos saber cantas hai da serie xeral, pero seguro que as da serie “La Erizana”, tituladas: Monumento da Santísima Trindade, Castelo de Monte Real e Balneario e Chalés Inmediatos, pertencen á citada anteriormente.

Publicado en “O Val Miñor na Tarxeta Postal” (1999) de Salvador Fernández de la Cigoña Fraga. Editado pola Deputación de Pontevedra.

Anuncios