A Policía Autonómica realizou inspeccións de control de menores en Nigrán

O Grupo de Menores da Policía Autonómica levou a cabo durante esta semana, un total de 151 inspeccións de control de menores en 18 concellos galegos.

Por parte dos distintos grupos de menores da Policía Autonómica da Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, nesta pasada semana, leváronse a cabo 27 dispositivos de control de menores en risco de desamparo, consumo de alcohol e drogas en menores de idade, nos concellos da Coruña, Abadín, Boiro, Boqueixón, Lugo, Malpica de Bergantiños, Marín, Meira, Nigrán, Noia, Ourense, Poio, Pontevedra, Redondela, Ribeira, Santiago de Compostela, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron levantadas 26 actas de infraccións á Lei 11/2010, 6 actas por venda de alcol, 6 actas por consumo de alcol, e 14 actas de infracción á Lei 42/2010 de medidas contra o tabaquismo. Foron identificadas 90 persoas e inspeccionados 151 establecementos.

A Policia Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcohol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.

Be the first to comment

Leave a Reply

Tu dirección de correo no será publicada.




Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.