Curso de cestería de palla en Chandebrito

Dende o luns día 6 de febreiro e ata o 13 de marzo, todos os luns en horario de 18:00 a 20:30 horas, desenvolverase na escola infantil de Chandebrito (Rúa da Igrexa, 2) unhas xornadas de cestería consistentes na elaboración de mochilas con palla de centeo de xeito artesán, guiadas polo mestre artesán Rubén Berto, e organizadas pola Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807.

O prezo do curso, de 15 horas de duración, é de 50 euros con materiais incluídos. Para máis información e inscricións poden chamar ao teléfono 667 380 223 ou enviar un correo electrónico ao enderezo chandebrito1807@gmail.com.

Be the first to comment

Leave a Reply

Tu dirección de correo no será publicada.




Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.